1. O conxunto de dispositivos físicos que integran o ordenador. HARDWARE
2. CPU (Unidade Central de Proceso) Memoria da CPU Dispositivos de entrada ou saída Dispositivos de almacenamento (entrada e saída) ARQUITECTURA BÁSICA
3. Chipset: Conxunto de chips situado na placa base. Microprocesador: Chip encargado de realizar todas as operacións de procesamento de datos, ademais de controlar o funcionamento de todos os dispositivos do ordenador. Reloxo e velocidade do ordenador: O reloxo da a pauta to tempo. A velocidade mídese en Hz; 1 Hz equivale á realización dun ciclo nun segundo.
4. A placa base ou placa nai é a plataforma onde se conectan todos os demáis dispositivos do ordenador directamente ou a través de runas de expansión (slots). Se probamos a abrir un ordenador desaparafusando os parafusos que suxeitan a cobertura de metal será o primeiro que vexamos. Nas ranuras de expansión introdúcense outras placas menores, denominadas tarxetas de expansión, que permiten conectar distintos periféricos exteriores ó ordenador, por exemplo: tarxetas de vídeo, tarxetas de son, etc. Os buses son os canais polos que circula toda a información do ordenador. Están constituídos por un elevado número de líneas metálicas, cada unha das cales transmite diferente información. O número de liñas polas que simplemente circulan os datos depende da arquitectura do ordenador, a cal corresponde á cantidad de bits que poden transferirse por vez (ancho de bus). PLACA BASE
5. O chipset é un conxunto de chips situado na placa base. É un elemento fundamental do ordenador, xa que se encarga de tareas tan importantes como a xestión dos periféricos externos a través dos portos de comunicación e das ranuras de expansión, así como do control da transferencia de datos entre o microprocesador e a memoria. CHIPSET
6. De entre todos os chips que ten un ordenador, o microprocesador ou C.P.U é sen ningunha dúbida o máis importante, xa que é o encargado de realizar todas as operacións de procesamento de datos, ademáis de controlar o funcionamento de todos os dispositivos do ordenador. Unha C.P.U componse de varias partes, que poderían resumirse na Unidade de Control (encargada de dirixir todas as operacións) e a Unidade Aritmético-lóxica, a cal realiza todas as operacións. MICROPOCESADOR
7. O xerador do reloxo, aínda que non o pareza, é un dos compoñentes máis importantes do ordenador, xa que está estreitamente relacionado coa velocidade de traballo do PC. A velocidade dun PC mídese en Hz (Cada hercio equivale a un ciclo por segundo). Como pode verse, é necesario un reloxo que dé a pauta do tempo. Aínda que habitualmente só se fala da velocidade do microprocesador, en realidade, hai outras velocidades igualmente importantes; por exemplo, a velocidade do bus, a velocidade da memoria RAM, etc. RELOXO E VELOCIDADE DO ORDENADOR
9. A memoria RAM é un compoñente imprescindible para o ordenador. A súa función consiste en ter preparadas as instruccións e os datos para que a C.P.U poida procesalos, e en almancenar temporalmente o resultado das operacións realizadas pola C.P.U. É unha memoria de acceso aleatorio na que se pode ler e escribir información; ademais é volátil, polo que se perde o seu contido ó apagar o ordenador. Módulos de memoria RAM: Dende hai xa tempo é moi fácil ampliar a cantidade de memoria RAM dun ordenador; chega con mercar módulos de memoria e conectalos nos correspondentes zócalos da placa nai. RAM
10. A memoria caché é un tipo de memoria RAM moito máis rápida que a convencional. Como calquera memoria RAM a súa misión é almacenar información, pero neste caso a memoria caché dispoñerá das instruccións ou os datos que acaba ou vaia utilizar o microprocesador. Esta memoria está situada entre o microprocesador e a memoria RAM para axilizar a transferencia de información entre eles. CACHÉ
11. Todos os sistemas operativos utilizan parte do disco duro para simular a memoria RAM e aumentari así a memoria total do ordenador. Esta é a memoria virtual, aínda que dependendo do estado operativo pódese chamr doutra forma. Lóxicamente, a memoria virtual é moito máis lenta que a memoria RAM, polo que interesa que o sistema a utilice pouco. VIRTUAL
12. Este tipo de memoria é só de lectura. Contén información grabada polo fabricante, que non desaparece ao desconectar o ordenador. A BIOS é imprescindible para a posta en funcionamento do ordenador, xa que contén instruccións para realizar o chequeo inicial do equipo, ademais de datos técnicos dos compoñentes máis elementais conectados ao sistema. Cando se arranca un ordenador a BIOS chequea todos os compoñentes do ordenador. A información obtida compárase coa almacenada na memoria CMOS detectando calquera cambi o nos compoñentes ou configuración do sistema. ROM-BIOS
13. É unha cantidade de memoria incorporada nun chip da placa base para almacenar parte da configuración do sistema. A memoria CMOS está alimentada constantemente por unha pila ou batería. ROM-CMOS
15. Permiten introducir información do exterior ao ordenador. Algúns exemplos moi claros poden ser: Rato: Desplázase por unha superficie para indicar o movemento do seu indicador na pantalla. Teclado: É o modo máis frecuente de introducir información no ordenador. DISPOSITIVOS DE ENTRADA
16. Monitores: Permiten visualizar o resultado da información procesada. Impresoras: Permiten obter a información impresa en distintos soportes físicos. DISPOSITIVOS DE SAÍDA
17.
18. Gardan a información en discos de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, éste ten que ser preparado para que poda recibir información; esta operación divide o disco en pistas e sectores, nos que se almacenará a información. DISCOS MAGNÉTICOS
19. A aparición dos discos ópticos provocou unha revolución nos sistemas de almacenamento, grazas á enorme cantidade de información que poden almacenar por un coste relativamente baixo. Todos estes discos empregan tecnoloxía óptica (láser). DISCOS ÓPTICOS
20. Utilizan unha tecnoloxía mixta. A súa grande vantaxe é que permite almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados, grazas a tecnoloxía magnética. DISCOS MAGNETO-ÓPTICOS
21. As memorias Flash, inicialmente empregadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse. DISCOS BASEADOS NA MEMORIA FLASH
22. Introducir conectores ou outros dispositivos por aquí Permiten “alargar” o porto, son como alargadores eléctricos. PORTOS E CONECTORES