2. Censo de poboación
Rexistro xeral e periódico da
poboación dun territorio nun momento
dado. Nel inclúense datos diversos de
cada cidadán (enderezo, sexo, idade,
lugar de nacemento, nivel de
instrución...).
Aínda que existen antecedentes a
finais do século XVIII (1787, 1797), a
súa realización seriada, cada 10 anos,
comezou en España en 1857. Entre
1900 e 1970, os censos leváronse a
cabo nos primeiros anos de cada
década (rematados en 0). Dende 1981
comezaron a realizarse nos rematados
en 1.
O organismo responsable da súa
elaboración é o Instituto Nacional de
Estadística (INE)
3. Padrón municipal
Reconto xeral dos habitantes dun
termo municipal nun momento
determinado incluíndo datos
semellantes aos do Censo.
Ata 1996 renovábanse cada 5
anos. Dende aquela data, a
utilización das novas tecnoloxías,
que posibilitan un seguimento
continuada das altas e baixas que
se producen en cada municipio,
permitiu a elaboración dun padrón
continuo.
Cada Concello responsabilízase
da súa xestión no respectivo termo
municipal.
4. Réxime demográfico
Cada unha das diferentes etapas
polas que pasa a evolución da
dinámica natural dunha poboación
na que natalidade, mortalidade e
crecemento natural presentan unhas
características homoxéneas.
Así distínguese entre antigo
réxime demográfico (alta
natalidade, alta mortalidade e lento
crecemento natural), propio das
sociedades preindustriais, e un
réxime demográfico moderno
(baixa natalidade, baixa mortalidade
e débil crecemento natural),
característico das sociedades Natalidade e mortalidade no réxime
desenvolvidas actuais. O paso dun a demográfico antigo
outro recibe o nome de transición
demográfica
5. Transición demográfica
Modelo explicativo da evolución das
poboacións e o seu crecemento
como resultado das mudanzas
experimentadas nas súas pautas de
natalidade e mortalidade.
A transición entre o réxime
demográfico antigo e o moderno
caracterizouse, nun primeiro
momento, por unha caída rápida das
taxas de mortalidade mentres se
mantiñan un diminuían lentamente
as de natalidade, o que xeraría un
crecemento natural elevado.
Posteriormente irían reducíndose
temén as taxas de natalidade co que
o crecemento demográfico se iría
ralentizando ata acadaren os niveis
característicos do réxime
demográfico moderno.
6. Taxa de fecundidade
Taxa de fecundidade xeral: relación entre o
número de nacidos vivos nun ano e o número de
mulleres en idade fértil (15-49 anos) nese mesmo
ano. Exprésase en tantos por mil (o/oo).
Índice sintético de fecundidade: cálculo do
número de fillos que tería unha muller durante
toda a súa vida fértil (15-49 anos) se se
mantivesen as taxas de fecundidade por idades
no momento do cálculo. Exprésase en números
absolutos. Polo tanto, se actualmente este índice
é de 1'3, isto quere dicir que se calcula que unha
muller española nacida este ano tería 1'3 nenos
de media ao chegar aos 49 anos.
Taxa de reemprazo: deixando a parte o impacto
dos fenómenos migratorios, considérase que
cando o índice sintético de fecundidade é superior
a 2'1 fica asegurado o reemprazo interxeracional.
Isto é, cada muller é quen de reproducirse a si
mesma e a súa parella (2) e pode compensar a
perda daquelas persoas falecidad antes da idade
fértil (0'1).
7. Esperanza de vida
● Cálculo do promedio de anos
que poden vivir os membros
dunha xeración (persoas nacidas
durante un ano concreto) dende
o seu nacemento ata a súa
extinción nun territorio
determinado. Pode calcularse
tamen dende calquera idade
exacta ou para grupos
específicos definidos por
peculiares trazos
socioeconómicos.
● Actualmente, a esperanza de
vida supera en España os 80
anos (c. 84 no caso das
mulleres, c 78 no dos homes)
8. Saldo migratorio
● Diferencia entre el número de
inmigrantes a un lugar
determinado e o número de
emigrantes saídos dese lugar
nun período determinando.
Polo tanto, será positivo se a
inmigración superase á
emigración e negativo no caso
contrario.
● É un dos compoñentes do
crecemento real dunha
poboación. O outro é o
crecemento natural, isto é, a
diferencia entre nacementos e
defuncións.
9. Poboación activa
● Colectivo dunha poboación
que inclúe a tódalas persoas
en idade legal de traballar
(entre os 16 e os 65 anos) e as
que desexan facelo. Polo
tanto, abrangue tanto aos que
teñen emprego (poboación
ocupada) como aos que non o
atopan (poboación parada).
● A relación entre a poboación
activa e a poboación en idade
legal de traballar recibe o
nome de taxa de actividade.
Esta exprésase xeralmente en
porcentaxes.
10. Áreas suburbanas
● Espazos periféricos ás
cidades que sinalan a
transición entre as estas e ás
áreas rurais. Caracterízanse
pola sua uniformidade (tipo de
vivendas, composición social
dos seus residentes), unhas
densidades demográficas
comparativamente baixas e
un elevado volume de
movementos pendulares cara
a cidade por causa da
vinculación funcional dos seus
residentes.
11. Área metropolitana
● Espazo moi urbanizado integrado por
unha cidade central (de certo tamaño e
complexidade funcional) e a súa
perifería circundante, que pode integrar
a municipios contiguos espacialmente.
● Xorde polo dinamismo económico da
cidade central que se proxecta sobre
toda a área e caracterízase por ser un
espazo ben comunicado e de funcións
interrelacionadas: a cidade central
proporciona emprego e servizos, o
resto da área aloxa a unha parte
significativa da poboación e
proporciona espazo a aquelas
actividades que demandan solo
abundante e barato. Polo tanto, os
desprazamentos diarios entre unha e
outra (traballo, estudos, lecer...) son
moi frecuentes.
12. Plan Xeral de Ordenación
Urbana
● Instrumento básico para a planificación
urbana segundo a lexislación
española. Este documento proxecta
para varios anos o desenvolvemento
da cidade clasificando o solo
dispoñible (urbano, urbanizable e non
urbanizable), fixando os seus usos e
sinalando os equipamentos necesarios
e definindo os instrumentos necesarios
para a súa realización.
● A súa realización e revisión compete
aos Concellos baixo a supervisión das
respectivas comunidades autónomas e
consonte ao marco establecido polas
leis estatais do solo (a actual é de
2007).
● En Galicia, denomínase Plan Xeral de
Ordenación Municipal (PXOM) Folla do PXOM de Lugo
13. Cualificación do solo
● División dun territorio
obxecto de planeamento
nos tipos e categorías
establecidos pola
lexislación española: solo
urbano (consolidado e non
consolidado), solo
urbanizable (delimitado e
non delimitado) e solo non
urbanizable (baixo
diversas categorías de
protección).
14. Unidade Veciñal de Absorción
● Denominación oficial dunha serie de barrios de
vivendas promovidos polo Instituto Nacional da
Vivenda (INV) e a Obra Social do Fogar (OSH)
para combater o chabolismo nas grandes
cidades, nomeadamente Madrid e Barcelona, a
raíz da aprobación da Lei do Solo (1957) e do
Plan Nacional de Vivenda (1961).
● Constitúen un paradigma da pobreza do
planeamento urbano e da política de vivenda
pública baixo o franquismo. Foron construídas
en localizacións periféricas, lonxe do centro
das cidades, mal comunicadas, sobre solos
rústicos adquiridos a baixo prezo e
incumprindo o planeamento existente.
● Concebidas como asentamentos provisionais
(5 anos), remataron por consolidarse e
caracterizáronse por unha relativamente baixa
densidade poboacional, resultante da tipoloxía
edificatoria escollida (bloques de planta baixa e
piso en ringleira), unha insuficiente dotación de
equipamentos e a baixisima calidade da
construción.
15. Xentrificación
● Termo de orixe inglés (gentrification)
utilizado para calificar procesos de
transformación urbana polos que a
poboación orixinal de certos barrios ou
sectores centrais deteriorados e
empobrecidos dalgunhas cidades é
substituída por grupos sociais de alto
poder adquisitivo. Estes procesos, moi
intensos a finais do século XX e
comezos do actual, estiveron
relacionados con operacións de
renovación e rehabilitación destes
espazos parellas á súa transformación
funcional.
● Utilízanse como sinónimos termos
como aburguesamento,
aristocratización ou elitización