Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega as principais obras arquitéctonicas do barroco italiano, centrándose en Bernini e Borromini
3. ARQUITECTURA BARROCA ITALIANA Roma é o centro máis importante, sendo o Papado os grandes mecenas do momento A arquitectura ponse ao servizo da Igrexa Católica. Ten como misión conducir ao fiel e persuadilo movendo a súa sensibilidade
4. OS GRANDES ARQUITECTOS Gian Lorenzo Bernini : É o arquitecto barroco por excelencia, ademais de escultor, pintor, decorador e urbanista. Vai encarnar mellor que ninguén o desexo de grandeza da Roma triunfal, que recupera a súa supremacía espiritual e política Francesco Castelli (Borromini) : Sobrepasa a todos os arquitectos italianos pola súa invención decorativa . Se Bernini utilizou sempre os elementos da arquitectura clásica, respectando as proporcións e as regras xerais da composición, Borromini vai romper con todas as regras , ao inventar novos elementos, e ao concebir a arquitectura case que en termos de escultura , ao facer ondular os entablamentos e cornisas, inventando formas novas para os capiteis e utilizando bóvedas que semellan nervadas e arcos mixtilíneos. Consegue no muro efectos pictóricos ao dirixir a luz a superficies curvadas e crebadas Baltasar Longhera Guarino Guarini
6. O punto de partida: Fachada de “Il Gesú”, de Roma 1575-84. Modelo Basilical de gran difusión orixinado ao final do Renacemento Igrexa xesuítica de “Il Gesú “, Roma. Vignola. 1568
7. Interior da Igrexa del Gesú (Roma) O interior del Gesù foi decorado a partir de 1670 en clave barroca , desvirtuando a concepción orixinal O espazo interior atópae vinculado ao de Santo Adré de Mantua
12. A COLUMNATA DE SAN PEDRO DEL VATICANO, ROMA. G. l. BERNINI
13.
14. A Praza de San Pedro componse en realidade de dúas prazas tanxentes , unha de forma trapezoidal e outra elíptica A praza trapezoidal cérrase cara á nosa fronte, reducindo opticamente a fachada de Maderno, e longrando que os espectadores situados na praza elíptica perciban a concepción orixinal da cúpula de Miguel Anxo
15. As columnas atópanse organizadas radialmente arredor do punto de xeneración da elipse, creando un espazo desbaratado opticamente O estilo cultivado por Bernini é bastante clásico, case que arqueolóxico, cun sentido moi sobrio no uso da orde toscana , aínda que en dinámica e en escenografía é barroco O uso de columnas con balaustradas e estatuas lémbranos a Palladio no Teatro Olímpico . Un eixe tetrástilo de columnas pareadas racha a monotonía dos tramos medios
16.
17. Bernini inicia a súa carreira con esta obra, situada baixo a grande cúpula da basílica de San Pedro. É un monumental dosel de bronce sostido por catro columnas salomónicas , onde non se utiliza a liña recta, senón que xira e se retorce cunha grande sensación de movemento Nesta obra consagra o uso deste tipo de columnas O BALDAQUINO DE SAN PEDRO BASÍLICA DE SAN PEDRO DO VATICANO, ROMA G. L. BERNINI.1624-1633
18.
19. O BALDQUINO DE SAN PEDRO Basílica de San Pedro do Vaticano, Roma DETALLE DAS COLUMNAS DE BRONCE
20. Igrxa de Santo André do Quirinal, 1658-70. G. L. Bernini Nesta igrexa utiliza unha planta ovalada con capelas dispostas arredor Na fachada , cóncava , coloca un pequeno pórtico, convexo , rematado cun frontón con volutas que sostén un gran escudo central
29. Palacio Barberini. Roma Este palacio, un dos máis importantes e significativos do período barroco, foi iniciado en 1625 por Carlo Maderno coa axuda por Borromini, sendo rematado en 1633 por Gian Lorenzo Bernini, a quen se debe a fachada do pórtico coroado por unha dobre galería cerrada, flanqueada por vistosas xanelas De Bernini é tamén a escalinata, e de Borromini a escaleira elíptica baixo o pórtico
55. A ARQUITECTURA BARROCA EN FRANCIA Un trazo fundamental da arte fracesa da época barroca é o seu carácter cortesán Os principais artistas traballan para os reis, por isto o edificio típicio é o palacio O palacio está formado por un corpo alongado e dúas ás cara ao xardín, formando un escuadro Ao contrario que en Italia, as fachadas non mirán á rúa, senón cara ao xardín. Os tellados son tipicamente franceses, formando corpos prismáticos de grande altura. Nelas ábrense bufardas Tamén se construíron en Francia unha infinidade de igrexas , que se dispoñen en tres andares ou con dous andares e cúpula
57. A creación de Versalles será a obsesión do reinado e o símbolo do poder de Luís XIV, o Rei Sol, que establece alí a súa Corte O primeiro proxecto, de Le Vau , pronto resultou pequeño e Luís Mansart , sobriño do anterior, realiza as ampliacións e dálle o seu carácter definitivo, cunha riquísima decoración interior, dirixida por Le Brun, primeiro pintor do rei O grande Salón dos Espellos, as Sala da Paz e da Guerra son as máis significativas do conxunto, onde os xardíns son o complemento ideal Planta do Palacio de Versalles
62. Palacio de Versalles, detalle da fachada Organízase en tres andares , correspondentes á zona de servizos (baixo), salóns principais (andar nobre) e apousentos privados da coroa (superior) A fachada posúe un primeiro corpo a xeito de gran zócolo, que destaca pola súa solidez . As pequenas xanelas do último andar alixeiran a pesantez tectónica do palacio, que resulta de aspecto moi clasicista , aínda que nalgúns puntos da fachada o muro decórase con columnas que avanzan cara ao espectador resaltando os seus volumes e os xogos de luz e sombra
66. Entrada cara á Galería dos Espellos Palacio de Versalles
67. Salón dos Espellos. Palacio de Versalles A riqueza e o luxo constitúen o vehículo de expresión do poder absolutista O estilo Rococó será, ao longo do s. XVIII, a marca deste boato decorativo