SlideShare a Scribd company logo
A ARQUITECTURA DO RENACEMENTO: OBRAS SENLLEIRAS E CARACTERÍSTICAS XERAIS PERIODIZACIÓN : QUATTROCENTO (s. XV) CINQUECENTO  ou  Alto  Renacemento (até1527 aprox.). MANIERISMO  ou Baixo Renacemento  (resto s. XVI)  vista de Florencia (Italia) Foco artístico do Quattrocento
VISTAS  DA CIDADE DE FLORENCIA
 
E en Florencia estudaremos a fermosa  capela Pazzi , construída por  F. Brunelleschi . Trátase da súa última obra; sendo, polo tanto, o seu  testamento artístico, un verdadeiro manifesto ou  programa construtivo Florencia 1430-1444
 
CAPILLA PAZZI: A PLANTA. FLORENCIA, 1430-1444. Vista frontal da fachada
CAPELA PAZZI: ESCALA CONSTRUTIVA
 
CAPELA PAZZI: vista lateral do pórtico
Detalle do interior do pórtico e da cúpula
INTERIOR DA CAPELA PAZZI: parede interior da entrada
INTERIOR DA CAPELA PAZZI. parede do fondo coa capela
INTERIOR DA CAPELA PAZZI: dende a cúpula
INTERIOR DA CAPELA PAZZI: cúpula central e da capela
 
“ Observamos enseguida que  esta capela ten moi pouco en común con calquera templo clásico, pero menos aínda coas formas empregadas polos arquitectos góticos . Brunelleschi combinou  columnas, pilastras e arcos  no seu propio estilo para conseguir un efecto de levedade e graza distinto de todo o realizado anteriormente. Detalles como o esquema da porta, co seu  frontón clásico , mostran con canta atención se estudaran as ruínas da Antigüidade e edificios como o Panteón. (...) Aínda vemos isto con máis claridade cando entramos na igrexa. Nada neste  brillante e ben proporcionado interior  ten que ver cos trazos que os arquitectos góticos tiñan en tan alta estima. Non hai grandes xanelas nin áxiles piares. No seu lugar,  a branca parede  está  subdividida por grises pilastras  que  comunican a idea  dunha “ orde clásic ”, xa que non desempeñan ningunha función na estrutura do edificio. Brunelleschi só as puxo alí para destacar  a forma e proporcións  do interior.” Ernst Gombrich
A CAPELA PAZZI Á pequena  capela Pazzi accédese dende o claustro da basílica de la Santa Croce (Florencia ), xa que se atopa situada no  xardín desta.  Encargada pola familia Pazzi en 1441 a  Filippo Brunelleschi , foi a súa  última obra. Trátase dun edificio de  pequenas dimensións  e cun  pórtico cuberto por bóveda de canón , que se construíu como  recinto funerario  dos Pazzi. Esta capela foi considerada como o  exemplo máis representativo da arquitectura de Brunelleschi , quen aquí amosa, unha vez máis, ademais da  cita de elementos clásicos,  a súa preocupación polo emprego axeitado das  proporcións  e da  harmonía ,   empregando como medida  a proporción áurea  (xa empregada anteriormente polos gregos nos seus templos) no  deseño da súa planta e fachada
De  planta rectangular (centralizada) con cúpula central e pórtico (a suma de ambos os dous elementos xera un cadrado) , é, por diversos aspectos, a máis avanzada das solucións arquitectónicas deste arquitecto. A súa  fachada  é un  pórtico de cinco tramos entre seis columnas de orde composta , os catro extremos  alintelados  e o  central en forma de arco de triunfo semicircular moi alto e de dobre anchura, que se cobre por unha bóveda de canón . Sobre tal pórtico érguese  un ático  decorado con  pilastras corintias e seccionado polo gran arco do centro , que se coroa cunha  cornixa  moi  ornamentada . Combina el  alintelado grego,  co  arco central de orixe romana . Arriba sobresae a  cúpula  coa súa  lanterna . Esta organización do pórtico, onde combina a disposión alintelada co arco central, supón unha innovación que será  modelo ou fornte de inspiración para numerosos arquitectos A cuberta desta capela é unha  cúpula semiesférica sobre pechinas,  coroada por unha lanterna e perforada por unha serie de óculos dispostos na base da mesma, un en cada plemento O espazo interior (as paredes) articúlanse por medio do emprego de pilastras clásicas e entablamentos, xerando unha imaxe rítmica e harmoniosa do edificio. No interior ábrese unha capela onde se coloca o altar,  ornamentada con  pilastras encostadas con acanaladuras  O pórtico combina arco central con vans alintelados  ( serliana ) e  frisos  a base de  tondos e estrixilos . O interior serviu de modelo a Miguel Anxo para a sancristía da basílica de San Lourenzo
A ARQUITECTURA DO QUATTROCENTO ITALIANO OS GRANDES ARQUITECTOS : FILIPO BRUNELLESCHI (1377-1446) LEÓN BAUTISTA ALBERTI (1406-1472) A  UTILIZACIÓN E REINTERPRETACIÓN DA LINGUAXE ARQUITECTÓNICA DA ANTIGÜIDADE CLÁSICA (arco de 1/2 punto, columnas e pilastras coas ordes clásicas, entablamentos, decoración de casetóns, etc.) A BUSCA DA  UNIDADE ESPACIAL (CONCEPCIÓN GLOBAL DO EDIFICIO) PROPORCIONALIDADE E HARMONÍA MATEMÁTICA A INSERCIÓN DEL EDIFICIO NO ENTORNO URBANO (ESTUDOS DE  URBANISMO )
QUE NOS DI GOMBRICH SOBRE BRUNELLESCHI? “ O  caudillo do grupo de artistas novos florentinos  foi un arquitecto,  Filippo Burnelleschi (1377-1446 ). El foi o encargado de  rematar a catedral de Florencia . Era de estilo gótico, e Brunelleschi tivo que dominar totalmente os principios que formaron parte da tradición á que aquela pertencía. A súa fama, en efecto, é debida en parte a principios de construción e de concepción que non serían posibles sen o seu coñecemento do sistema gótico de abovedar. Os florentinos desexaron que a súa catedral estivese  coroada por unha cúpula enorme , pero ningún artista era capaz de cubrir o inmenso espazo aberto entre os piares sobre os que debía descansar aquela cúpula, até que  Brunelleschi ideou un método par realizala.  Cando foi solicitado para  planear  novas igrexas e outros edificios,  decidiu  deixar a un lado o estilo tradicional, adoptando o programa de quen botaban de menos un renacemento da grandiosidade romana.  Dise que se trasladou a esta cidade e mediu as ruínas de templos e palacios, sacando apuntamentos ás súas formas e adornos.  Nunca foi a súa intención copiar estes antigos edificios . Dificilmente poderían ser adaptados ás necesidades da Florencia do s. XV. O que se propuxo foi  conseguir un novo modo de construción, no cal as formas da arquitectura clásica se empregasen libremente co obxecto de crear modalidades novas de beleza e harmonía.  O  que segue a ser o máis sorprendente é que realmente logrou impor ese programa.  Durante case cinco séculos os arquitectos de Europa e América seguiron os seus pasos”.
A OBRA DE FILIPPO BRUNELLESCHI Igrexa de San Lourenzo (1440-1445) Igrexa do Santo Espírito de Florencia (1420) Hospital dos Inocentes
Sancristía vella de San Lourenzo 1420-29 (Florencia) Palacio Pitti  (Florencia) Capela Pazzi  (Florencia) Cúpula de Santa María das Flores (Florencia)
Fachada e loxia do Hospital dos Inocentes,  Florencia. F. Brunelleschi
 
Loxia do Hospital dos Inocentes Na primeira metade do s. XV na mesma cidade de Florencia realiza  a loxia que serve como fachada a un dos hospitais  de Florencia. Primeira obra plenamente renacentista  da historia Ábrese a unha ampla praza. Nela apréciase claramente a  inspiración nos edificios clásicos do foro romano e a ágora grega . É un  pórtico de extremada lixeireza, xa que posúe amplos vans que sosteñen unha arquitectura arquitrabada  nun nivel superior Vólvese ao  arco de medio punto , típico do romano, así como á  columna  de inspiración clásica, neste caso esveltas columnas de  estilo compuesto   A súa grande importancia estriba na  aplicación da perspectiva aplicada á arquitectura . No seu interior apréciase perfectamente a compartimentación desta, da loxia.  Cada van correspóndese cunha bóveda caída  que se une á parede.  Dá a sensación de punto de fuga na xanela que servía tamén de hospicios.  Nas  enxutas  coloca grandes  medallóns de terracota con temas da infancia
Ideada por Brunelleschi en 1420-1429 é unha harmónica construción,  fundada sobre as figuras xeométricas regulares do cadrado e do círculo A cúpula maior  está repartida en doce cuarteiróns, que simbolizan os apóstolos, mentres a tribuna pequena, sobrepasada por unha cúpula pequena que exprime a bóveda do ceo cos signos zodiacais, distínguese por tres nichos, alusivos á Unidade e Trindade de Deus A  decoración polícroma , con historias de S. Xoán Evanxelista e os outros tres evanxelistas, é obra de Donatello, que fixo en bronce tamén as dúas portas, chamadas polas figuras que están alí representadas, dos mártires (á dereita) e dos Apóstolos (á esquerda)  Sancristía vella da Igrexa de San Lourenzo
Sancristía vella da Basílica de San Lourenzo
Basílica de San Lourenzo , de planta de cruz latina  Construída a partir de 1419 por Brunelleschi
Basílica de San Lourenzo de Florencia Inspirada nas basílicas paleocristiás  que Brunelleschi estudou, tratase dun templo con  planta de cruz latina de tres naves , plantexada baixo un esquema 2-1, é dicir, coa  nave central máis alta e ancha No  interior , a  nave central  ten  cuberta alintelada con casetóns  e  as  laterais, bóveda de aresta A  separación das naves  establécese por medio de  columnas de orde composta e sobre elas entablamento, no  que  descarga cada arco de medio punto No  cruceiro  puxo unha  cúpula  coma cuberta  Nesta igrexa  destacan  dous aspectos: Horizontalidade : empréganse elementos arquitectónicos que reforzan a sensación de horizontalidade, como os  entablamentos , a  cuberta plana da nave central , etc. Harmonía : busca a harmonía  empregando   criterios xeométricos . Por exemplo, establece  formas cúbicas  xa que  a altura das columnas é idéntica á distancia entre columnas contiguas e entre estas e os muros das naves laterais
Igrexa do Santo Espírito  (Florencia) F. Brunelleschi.  Repite o modelo da Basílica de San Lourenzo
PALACIO PITTI (FLORENCIA) F. BRUNELLESCHI. Nesta  construción  o autor  establece  o  modelo renacentista de palacio Foi amplamente seguido polos seus discípulos (Palacio Médici Ricardi, obra de Michelozzo di Bartolomeo) O  aspecto externo  é case dunha  fortaleza .  Planta en cuadrilátero  en que  as dependencias se constrúen arredor dun patio Mostra unha  tendencia á horizontalidade  por medio dunha  superposición de tres pisos ou corpos .  O  muro  está moi  articulado  por medio de  balaustradas . Empréganse  pedras de cantaría almofadilladas,  que van sendo  máis planas a medida que se gaña altura .  Os  vans  con  arco de medio punto constituídos por dovelas almofadilladas . As  xanelas levan frontón
 
A CÚPULA DE SANTA MARÍA DAS FLORES A  catedral de Florencia é gótica  e foi realizada por  Arnolfo di Cambio,  mais estaba sen concluír, pois se atopaba  sen abovedar o cruceiro Pola altura do edificio, a cúpula que cubrise o edificio non podería ser totalmente semiesférica polos posibles problemas no sistema de empuxes e contrarrestos. A  solución  que levou a cabo  Brunelleschi  foi  unha cúpula en forma de curva parabólica , que en realidade  esta formada por dúas: unha interior, e outra exterior, de ladrillo, e dividida en tramos a modo de cuarteiróns A distancia entre ambas a dúas cúpulas mantense constante. Polo seu casquete alongado lembra ao gótico. Está  construída sobre un tambor poligonal (octógono) decorado con mármores . En cada un dos lados ábrense xanelas circulares
 
 
 
 
ELEMENTOS EXTERIORES DA CÚPULA Cúpula de Santa María das Flores, Florencia. F. Brunelleschi. lanterna nervio casquete exterior tambor octogonal óculo plemento pechinal
linterna casquete exterior casquete interior nervios principales nervios secundarios aneis de tracción tambor  octogonal óculo A cúpula: sección e axonometría Cúpula de perfil apuntado que cabalga sobre un tambor octogonal de 8 panos 42 m. de diámetro
A CÚPULA DE SANTA MARÍA DAS FLORES, DE FLORENCIA.  F. BRUNELLESCHI. A LANTERNA
CALES FORON AS CLAVES DO ESTILO “INNOVADOR” DE BRUNELLESCHI?
CALES FORON AS CLAVES DO ESTILO “INNOVADOR” DE BRUNELLESCHI? O redescubrimento da proporción: O todo é a suma das partes ( Sección Áurea ou o Número de Ouro) As relacións harmónicas da medida da obra humana deberían ser ou reflectir a harmonía divina do universo A  proporcionalidade matemática do conxunto  arquitectónico (planta, alzado, columnas, capiteis, entablamentos e cornixas), converte os edificios do Renacemento en  construcións racionalmente comprensibles , cuxa estrutura interna está caracterizada pola claridade
O REDESCUBRIMENTO DA PROPORCIÓN A  idea renacentista de beleza e perfección  baséase nun racionalismo orientado matematicamente, de forma que a Teoría da Proporción intenta levar a  un denominador común o canon de proporcións do corpo humano e as leis matemáticas das formas xeométricas básicas,  como a  circunferencia e o cadrado,  e expresalas en regras de proporción de validez universal
OS INTERIORES:  O ESPAZO PERSPECTIVO A  simetría e regularidade  dos elementos construtivos e a  unidade  de  conxunto , materialízanse nas  liñas de perspectiva que guían a mirada  do observador e outorgan ao  espazo amplitude e profundidade OS SISTEMAS DE SOPORTES A columna  fundamentalmente, tanto pola súa función  construtiva  ( sustentante ), como  decorativa , ben illada,  formando arquerías, ou   combinada   con piares
OS SISTEMAS DE SOPORTES Emprégase o repertorio das  cinco  ordes clásicas A columna é esencial dado que o  estudo das súas proporcións é un dos fundamentos do clasicismo,  e serve como  pauta  para determinar toda a  proporción do  edificio O carácter rector da columna é o fundamento esencial da beleza arquitectónica na concepción renacentista. Utilizaranse todas as ordes romanas, dende o rústico ao composto, enriquecido co  corintio ,  que é o  máis utilizado Interior da Igrexa do Santo Espírito.  Florencia, F. Brunelleschi.
O arquitecto volve  utilizar , de  forma sistemática , o  arco de medio punto Sostido por elegantes columnas de orde clásica e formando galerías ou loxias,  a súa repetición rítmica contribúe a subliñar a claridade racional dos edificios renacentistas
Laurana Luciano c.1420-1479 Palacio Ducal
OS SISTEMAS DE CUBERTA : a cúpula a bóveda de ½ canón con casetóns a cuberta plana (artesoado) con casetóns
A REVALORIZACIÓN DA CÚPULA Non obstante, o máis importante será a  primacía que se lle concede á  cúpula  como  forma ideal construtiva  (derivada da admiración que sempre suscitou a cúpula do Panteón de Agripa, en Roma; así como a influencia da arquitectura bizantina que irradiaba San Marcos de Venecia) A cúpula elévase  sobre  pechinas  e polo xeral con  tambor , onde se abren  xanelas , adoitando estar rematada con  lanterna  que lle proporciona luz cenital
OS SISTEMAS DE CUBERTA Prodúcese unha profunda  renovación , xa sexan de madeira ou de pedra Nas  cubertas de madeira  o tipo máis utilizado é o l  artesoado : unha superficie plana que se divide en  casetóns , que poden ser cuadrangulares ou poligonais, e en cuxo centro adoita situarse unha flor ou outro motivo decorativo, polo xeral dourado ou policromado Nas  cubertas de pedra  empréganse preferentemente as  bóvedas de canón , as de   aresta  e as  rebaixadas ou vaídas ; en todas elas é frecuente que o  casquete da bóveda  non fique liso, senón que  se decore con  casetóns , como na arquitectura romana. Igrexa de San Lourenzo de Florencia, F. Brunelleschi.
Igrexa de San Sebastián , de Andrea Palladio. A cuberta da nave central é unha  bóveda de canón con casetóns
Valórase a superficie dos  muros   Exteriormente  reálzanse  as  pedras de cantaría  por medio do  clásico almofadillado  (mesmo se tallan coma  puntas de diamante)   Nos  interiores   anímase  a propia superficie do  muro  a través de  elementos  harmonicamente  equilibrados :  cornixas, pilastras, columnas enmarcadas , etc.
O APARELLO DO MURO NA ARQUITECTURA RENACENTISTA A regularidade e a orde xeométrica trasládase á superficie exterior do muro; o  aparello de pedra de cantaría perfectamente labrada  é a expresión racional da visión xeométrica do edificio
A DECORACIÓN O repertorio decorativo inspírase en modelos da Antigüidade Decoración de tipo fantástico,  onde o artista funde caprichosamente os diversos reinos da natureza creando seres monstrosos, en parte animais, en parte humanos,e en parte vexetais ou inanimadods, que reciben o nome de  grotescos Cando esta decoración se ordena arredor dun vástago vertical, que lle serve de eixe, recibe o nome de  candelabro .  Os talos ondulantes ascendentes, polo xeral con roleos laterais, que adoitan usar nas pilastras, reciben o nome de  subientes .  Flores, froitos, trofeos  e obxectos diversos pendentes de cintas,  festóns, coroas e medallóns,  son tamén elementos frecuentes na decoración renacentista
Repertorio decorativo renacentista
LEÓN BAUTISTA ALBERTI (1406-1472) Sistematiza a linguaxe arquitectónica  e contribúe á súa difusión. É o grande  teórico  da  arquitectura renacentista .  Os seus edificios denotan unha clara inclinación  ao clasicismo,  especialmente nas  fachadas , onde as columnas, as arcadas, os capiteis e os frontóns con tímpano  nos remiten directamente aos arcos de triunfo e aos templos grecorromanos Escribiu un tratado de arquitectura,  De Re Aedificatoria , baseado no libro  De Architectura,  do escritor romano clásico Vitruvio
CREADOR DO MODELO DE IGREXA RENACENTISTA Búscase un  tipo de templo  que aúne a   utilización dos elementos clásicos e as necesidades  derivadas do culto e  da liturxia cristiá Era preciso  compaxinar  a grandiosidade dos edificios clásicos e o carácter aéreo da arquitectura gótica; pois se os primeiros impuñan solidez, os segundos distinguíanse pola luminosidade dos interiores Os arquitectos góticos buscaron e lograron desmaterializar o corpo do edificio, borrando os límites espaciais, o  arquitecto renacentista inspirarase nas formas xeométricas básicas ,  que xa se atopaban nos edificios clásicos. O  círculo e o cadrado , o cubo e a esfera, o cilindro, serán as formas máis adecuadas, grazas á súa perfecta regularidade e racionalidade.  A dinámica lineal e ascendente do gótico será desprazada pola lóxica claridade do clasicismo San Andrés de Mantua, 1470.  L. B. Alberti.
San Andrés de Mantua, 1470.  L.B. Alberti. O desexo de fundir ambos os dous modelos conduce ao prototipo ideado por Alberti en San Andrés de Mantua, de  igrexa de planta basilical dunha nave con capelas laterais e cruceiro con cúpula,  na que a gradación lumínica está perfectamente lograda ao se  concentrar a luz no cruceiro e no presbiterio
Interior de San Andrés de Mantua: Vista da nave e da cúpula do cruceiro
A  fachada  está constituída polo  grandioso arco de medio punto  que cerra a portada,  flanqueado por dúas pilastras corintias a cada lado A   bóveda de canón  que recobre este van está decorada con  casetóns clásicos   Fachada de San Adrés de Mantua: a “Orde Xigante”
San Andrés de Mantua, 1470.  L. B. Alberti.
O concepto de  pórtico monumental  dos arcos de triunfo romanos inspirou a Alberti para deseñar a fachada desta igrexa, rematada por un frontón triangular en lugar do ático clásico
la iglesia: la parte superior de la fachada fue diseñada por Alberti. Santa María Novella, Florencia. L. B. Alberti. Destacan as dúas  S , volutas xigantes, que unifican os dous corpos da fachada
Santa Mª Novella Florencia
Leon Battista   Alberti  1404-1472 Templo Malatestiano
DESENVOLVEMENTO DA ARQUITECTURA CIVIL NO RENACIMIENTO Predominan dous tipos de construcións, ademais do gran desenvolvemento que terán os edificios públicos (casas de  concello, lonxas, pontes , etc.): O  Palacio A  Vila,  que terá un gran desenvolvemento durante o s. XVI Alberti  contribúe a fixar o  modelo de palacio urbano renacentista
Os palacios renacentistas  florentinos adoptan  a forma cerrada dun bloque,  con  pisos ben diferenciados ,  xanelas  repartidas  regularmente  e recintos de  altura uniforme , sen ter en conta a distinta función das estancias A  torre medieval desapareceu,  pero aínda é recoñecible a tradición medieval dos palacios toscanos Palacio Médici Ricardi Realizado por Michelozzo cara ao 1444 en Florencia, convértese no exemplo dos palacios da cidade
Segmento de fachada del Palacio Médici Ricardi Os  vans  da fachada adoitan estar  enmarcados e decorados con elementos arquitectónicos de raíz clásica  (pilastras, frontóns, etc.) que  se repiten  de forma rítmica
Patio interior do palacio Médici Ricardi A  estrutura  do edificio está condicionada pola claridade racional; no  interior  agrúpanse as  catro ás arredor dun patio interior arrodeado  por  logias  (galerías abertas de arcos de medio punto sobre columnas que se repiten regularmente)
TRAZOS DO PALACIO RENACENTISTA Palacio Rucellai, Florencia L.B. Alberti. 1446 Son edificios concibidos coma un “ bloque ” de forma cerrada, aínda que  abertos  á cidade e  integrados  no espazo  urbano   (módulo de proporcionalidade e perspectivas) Muros  exteriores  almofadillados  con pedra de cantaría refundida nas arestas Superposición  das diferentes  ordes  clásicas nos  tres andares  da  fachada (como no Coliseo romano) Os diferentes andares están separados por medio de  entablamentos Xanelas “albertinas ” (xanelas bíforas, rematadas en arco de medio  punto, englobados nun maior en cuxo tímpano atopámos un óculo)
Esquema compositivo da fachada do PALACIO RUCELLAI
 
PALACIO PITTI (FLORENCIA). O PRECEDENTE DE  F. BRUNELLESCHI
PALACIO STROZZI EN FLORENCIA. LEÓN BAUTISTA ALBERTI.

More Related Content

PPT
Arquitectura renacemento
DOC
Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018
PPT
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borromini
PPT
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
DOC
Arquitectura Gótica
PPT
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
PPT
A catedral gótica
PDF
Arte Románico
Arquitectura renacemento
Vocabulario de Historia del Arte. 2ª eval. Curso 2017 2018
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borromini
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
Arquitectura Gótica
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
A catedral gótica
Arte Románico

What's hot (20)

DOC
Vocabulario Historia del Arte
PPT
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
PPT
Características xerais da arquitectura gótica
PPT
A ARTE ROMANA
PPT
Tema 5 arte prerrománico
DOC
A Arte Romana
PPT
UNIDADE 9: Quattrocento italiano
PPT
A arquitectura romana
DOC
Propíleos
PDF
Arquitectura Gótica
PPT
Tema 7 gotico
PPT
Características xerais da arquitectura barroca
PDF
Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)
PPT
Características xerais da arquitectura románica
PPTX
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristina
PPT
Arquitectura renacemento
PPT
U N I D A D E 6 Arte Románica
PPT
Tema 7. A arte paleocristiá
PPT
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
PPT
Obras tema 3
Vocabulario Historia del Arte
Arte renacentista - DAVID VÁZQUEZ
Características xerais da arquitectura gótica
A ARTE ROMANA
Tema 5 arte prerrománico
A Arte Romana
UNIDADE 9: Quattrocento italiano
A arquitectura romana
Propíleos
Arquitectura Gótica
Tema 7 gotico
Características xerais da arquitectura barroca
Vocabulario de conceptos e termos artísticos de Historia da Arte (ABAU)
Características xerais da arquitectura románica
Arquitectura barroca italiana Paula e Cristina
Arquitectura renacemento
U N I D A D E 6 Arte Románica
Tema 7. A arte paleocristiá
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
Obras tema 3
Ad

Similar to A arquitectura renacentista. O Quattrocento (20)

PDF
Quattrocento
PPT
Arq renacemento site
ODP
Renacimiento
PPT
A Arte Do Renacemento
PPT
Arte renacentista
PPT
O renacemento
PPT
Arquitectura quatrocentto
PPT
O Renacemento
PDF
Renacimiento General + Quattrocento
PPT
Arte barroca
PPT
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano
PPT
O Renacemento
ODP
A Arte Renacentista
PPT
Renacimiento General + Arquitectura del Quattrocento
PPTX
Arte renacentista
PPT
Renacemento do Quattrocento
PPT
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
PPT
Tema 8 arte renacemento
PPT
U N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E Bizantina
PPT
Tema 9 cinquecento
Quattrocento
Arq renacemento site
Renacimiento
A Arte Do Renacemento
Arte renacentista
O renacemento
Arquitectura quatrocentto
O Renacemento
Renacimiento General + Quattrocento
Arte barroca
A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano
O Renacemento
A Arte Renacentista
Renacimiento General + Arquitectura del Quattrocento
Arte renacentista
Renacemento do Quattrocento
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Tema 8 arte renacemento
U N I D A D E 4 Arte Paleocristiá E Bizantina
Tema 9 cinquecento
Ad

A arquitectura renacentista. O Quattrocento

  • 1. A ARQUITECTURA DO RENACEMENTO: OBRAS SENLLEIRAS E CARACTERÍSTICAS XERAIS PERIODIZACIÓN : QUATTROCENTO (s. XV) CINQUECENTO ou Alto Renacemento (até1527 aprox.). MANIERISMO ou Baixo Renacemento (resto s. XVI) vista de Florencia (Italia) Foco artístico do Quattrocento
  • 2. VISTAS DA CIDADE DE FLORENCIA
  • 3.  
  • 4. E en Florencia estudaremos a fermosa capela Pazzi , construída por F. Brunelleschi . Trátase da súa última obra; sendo, polo tanto, o seu testamento artístico, un verdadeiro manifesto ou programa construtivo Florencia 1430-1444
  • 5.  
  • 6. CAPILLA PAZZI: A PLANTA. FLORENCIA, 1430-1444. Vista frontal da fachada
  • 7. CAPELA PAZZI: ESCALA CONSTRUTIVA
  • 8.  
  • 9. CAPELA PAZZI: vista lateral do pórtico
  • 10. Detalle do interior do pórtico e da cúpula
  • 11. INTERIOR DA CAPELA PAZZI: parede interior da entrada
  • 12. INTERIOR DA CAPELA PAZZI. parede do fondo coa capela
  • 13. INTERIOR DA CAPELA PAZZI: dende a cúpula
  • 14. INTERIOR DA CAPELA PAZZI: cúpula central e da capela
  • 15.  
  • 16. “ Observamos enseguida que esta capela ten moi pouco en común con calquera templo clásico, pero menos aínda coas formas empregadas polos arquitectos góticos . Brunelleschi combinou columnas, pilastras e arcos no seu propio estilo para conseguir un efecto de levedade e graza distinto de todo o realizado anteriormente. Detalles como o esquema da porta, co seu frontón clásico , mostran con canta atención se estudaran as ruínas da Antigüidade e edificios como o Panteón. (...) Aínda vemos isto con máis claridade cando entramos na igrexa. Nada neste brillante e ben proporcionado interior ten que ver cos trazos que os arquitectos góticos tiñan en tan alta estima. Non hai grandes xanelas nin áxiles piares. No seu lugar, a branca parede está subdividida por grises pilastras que comunican a idea dunha “ orde clásic ”, xa que non desempeñan ningunha función na estrutura do edificio. Brunelleschi só as puxo alí para destacar a forma e proporcións do interior.” Ernst Gombrich
  • 17. A CAPELA PAZZI Á pequena capela Pazzi accédese dende o claustro da basílica de la Santa Croce (Florencia ), xa que se atopa situada no xardín desta. Encargada pola familia Pazzi en 1441 a Filippo Brunelleschi , foi a súa última obra. Trátase dun edificio de pequenas dimensións e cun pórtico cuberto por bóveda de canón , que se construíu como recinto funerario dos Pazzi. Esta capela foi considerada como o exemplo máis representativo da arquitectura de Brunelleschi , quen aquí amosa, unha vez máis, ademais da cita de elementos clásicos, a súa preocupación polo emprego axeitado das proporcións e da harmonía , empregando como medida a proporción áurea (xa empregada anteriormente polos gregos nos seus templos) no deseño da súa planta e fachada
  • 18. De planta rectangular (centralizada) con cúpula central e pórtico (a suma de ambos os dous elementos xera un cadrado) , é, por diversos aspectos, a máis avanzada das solucións arquitectónicas deste arquitecto. A súa fachada é un pórtico de cinco tramos entre seis columnas de orde composta , os catro extremos alintelados e o central en forma de arco de triunfo semicircular moi alto e de dobre anchura, que se cobre por unha bóveda de canón . Sobre tal pórtico érguese un ático decorado con pilastras corintias e seccionado polo gran arco do centro , que se coroa cunha cornixa moi ornamentada . Combina el alintelado grego, co arco central de orixe romana . Arriba sobresae a cúpula coa súa lanterna . Esta organización do pórtico, onde combina a disposión alintelada co arco central, supón unha innovación que será modelo ou fornte de inspiración para numerosos arquitectos A cuberta desta capela é unha cúpula semiesférica sobre pechinas, coroada por unha lanterna e perforada por unha serie de óculos dispostos na base da mesma, un en cada plemento O espazo interior (as paredes) articúlanse por medio do emprego de pilastras clásicas e entablamentos, xerando unha imaxe rítmica e harmoniosa do edificio. No interior ábrese unha capela onde se coloca o altar, ornamentada con pilastras encostadas con acanaladuras O pórtico combina arco central con vans alintelados ( serliana ) e frisos a base de tondos e estrixilos . O interior serviu de modelo a Miguel Anxo para a sancristía da basílica de San Lourenzo
  • 19. A ARQUITECTURA DO QUATTROCENTO ITALIANO OS GRANDES ARQUITECTOS : FILIPO BRUNELLESCHI (1377-1446) LEÓN BAUTISTA ALBERTI (1406-1472) A UTILIZACIÓN E REINTERPRETACIÓN DA LINGUAXE ARQUITECTÓNICA DA ANTIGÜIDADE CLÁSICA (arco de 1/2 punto, columnas e pilastras coas ordes clásicas, entablamentos, decoración de casetóns, etc.) A BUSCA DA UNIDADE ESPACIAL (CONCEPCIÓN GLOBAL DO EDIFICIO) PROPORCIONALIDADE E HARMONÍA MATEMÁTICA A INSERCIÓN DEL EDIFICIO NO ENTORNO URBANO (ESTUDOS DE URBANISMO )
  • 20. QUE NOS DI GOMBRICH SOBRE BRUNELLESCHI? “ O caudillo do grupo de artistas novos florentinos foi un arquitecto, Filippo Burnelleschi (1377-1446 ). El foi o encargado de rematar a catedral de Florencia . Era de estilo gótico, e Brunelleschi tivo que dominar totalmente os principios que formaron parte da tradición á que aquela pertencía. A súa fama, en efecto, é debida en parte a principios de construción e de concepción que non serían posibles sen o seu coñecemento do sistema gótico de abovedar. Os florentinos desexaron que a súa catedral estivese coroada por unha cúpula enorme , pero ningún artista era capaz de cubrir o inmenso espazo aberto entre os piares sobre os que debía descansar aquela cúpula, até que Brunelleschi ideou un método par realizala. Cando foi solicitado para planear novas igrexas e outros edificios, decidiu deixar a un lado o estilo tradicional, adoptando o programa de quen botaban de menos un renacemento da grandiosidade romana. Dise que se trasladou a esta cidade e mediu as ruínas de templos e palacios, sacando apuntamentos ás súas formas e adornos. Nunca foi a súa intención copiar estes antigos edificios . Dificilmente poderían ser adaptados ás necesidades da Florencia do s. XV. O que se propuxo foi conseguir un novo modo de construción, no cal as formas da arquitectura clásica se empregasen libremente co obxecto de crear modalidades novas de beleza e harmonía. O que segue a ser o máis sorprendente é que realmente logrou impor ese programa. Durante case cinco séculos os arquitectos de Europa e América seguiron os seus pasos”.
  • 21. A OBRA DE FILIPPO BRUNELLESCHI Igrexa de San Lourenzo (1440-1445) Igrexa do Santo Espírito de Florencia (1420) Hospital dos Inocentes
  • 22. Sancristía vella de San Lourenzo 1420-29 (Florencia) Palacio Pitti (Florencia) Capela Pazzi (Florencia) Cúpula de Santa María das Flores (Florencia)
  • 23. Fachada e loxia do Hospital dos Inocentes, Florencia. F. Brunelleschi
  • 24.  
  • 25. Loxia do Hospital dos Inocentes Na primeira metade do s. XV na mesma cidade de Florencia realiza a loxia que serve como fachada a un dos hospitais de Florencia. Primeira obra plenamente renacentista da historia Ábrese a unha ampla praza. Nela apréciase claramente a inspiración nos edificios clásicos do foro romano e a ágora grega . É un pórtico de extremada lixeireza, xa que posúe amplos vans que sosteñen unha arquitectura arquitrabada nun nivel superior Vólvese ao arco de medio punto , típico do romano, así como á columna de inspiración clásica, neste caso esveltas columnas de estilo compuesto A súa grande importancia estriba na aplicación da perspectiva aplicada á arquitectura . No seu interior apréciase perfectamente a compartimentación desta, da loxia. Cada van correspóndese cunha bóveda caída que se une á parede. Dá a sensación de punto de fuga na xanela que servía tamén de hospicios. Nas enxutas coloca grandes medallóns de terracota con temas da infancia
  • 26. Ideada por Brunelleschi en 1420-1429 é unha harmónica construción, fundada sobre as figuras xeométricas regulares do cadrado e do círculo A cúpula maior está repartida en doce cuarteiróns, que simbolizan os apóstolos, mentres a tribuna pequena, sobrepasada por unha cúpula pequena que exprime a bóveda do ceo cos signos zodiacais, distínguese por tres nichos, alusivos á Unidade e Trindade de Deus A decoración polícroma , con historias de S. Xoán Evanxelista e os outros tres evanxelistas, é obra de Donatello, que fixo en bronce tamén as dúas portas, chamadas polas figuras que están alí representadas, dos mártires (á dereita) e dos Apóstolos (á esquerda) Sancristía vella da Igrexa de San Lourenzo
  • 27. Sancristía vella da Basílica de San Lourenzo
  • 28. Basílica de San Lourenzo , de planta de cruz latina Construída a partir de 1419 por Brunelleschi
  • 29. Basílica de San Lourenzo de Florencia Inspirada nas basílicas paleocristiás que Brunelleschi estudou, tratase dun templo con planta de cruz latina de tres naves , plantexada baixo un esquema 2-1, é dicir, coa nave central máis alta e ancha No interior , a nave central ten cuberta alintelada con casetóns e as laterais, bóveda de aresta A separación das naves establécese por medio de columnas de orde composta e sobre elas entablamento, no que descarga cada arco de medio punto No cruceiro puxo unha cúpula coma cuberta Nesta igrexa destacan dous aspectos: Horizontalidade : empréganse elementos arquitectónicos que reforzan a sensación de horizontalidade, como os entablamentos , a cuberta plana da nave central , etc. Harmonía : busca a harmonía empregando criterios xeométricos . Por exemplo, establece formas cúbicas xa que a altura das columnas é idéntica á distancia entre columnas contiguas e entre estas e os muros das naves laterais
  • 30. Igrexa do Santo Espírito (Florencia) F. Brunelleschi. Repite o modelo da Basílica de San Lourenzo
  • 31. PALACIO PITTI (FLORENCIA) F. BRUNELLESCHI. Nesta construción o autor establece o modelo renacentista de palacio Foi amplamente seguido polos seus discípulos (Palacio Médici Ricardi, obra de Michelozzo di Bartolomeo) O aspecto externo é case dunha fortaleza . Planta en cuadrilátero en que as dependencias se constrúen arredor dun patio Mostra unha tendencia á horizontalidade por medio dunha superposición de tres pisos ou corpos . O muro está moi articulado por medio de balaustradas . Empréganse pedras de cantaría almofadilladas, que van sendo máis planas a medida que se gaña altura . Os vans con arco de medio punto constituídos por dovelas almofadilladas . As xanelas levan frontón
  • 32.  
  • 33. A CÚPULA DE SANTA MARÍA DAS FLORES A catedral de Florencia é gótica e foi realizada por Arnolfo di Cambio, mais estaba sen concluír, pois se atopaba sen abovedar o cruceiro Pola altura do edificio, a cúpula que cubrise o edificio non podería ser totalmente semiesférica polos posibles problemas no sistema de empuxes e contrarrestos. A solución que levou a cabo Brunelleschi foi unha cúpula en forma de curva parabólica , que en realidade esta formada por dúas: unha interior, e outra exterior, de ladrillo, e dividida en tramos a modo de cuarteiróns A distancia entre ambas a dúas cúpulas mantense constante. Polo seu casquete alongado lembra ao gótico. Está construída sobre un tambor poligonal (octógono) decorado con mármores . En cada un dos lados ábrense xanelas circulares
  • 34.  
  • 35.  
  • 36.  
  • 37.  
  • 38. ELEMENTOS EXTERIORES DA CÚPULA Cúpula de Santa María das Flores, Florencia. F. Brunelleschi. lanterna nervio casquete exterior tambor octogonal óculo plemento pechinal
  • 39. linterna casquete exterior casquete interior nervios principales nervios secundarios aneis de tracción tambor octogonal óculo A cúpula: sección e axonometría Cúpula de perfil apuntado que cabalga sobre un tambor octogonal de 8 panos 42 m. de diámetro
  • 40. A CÚPULA DE SANTA MARÍA DAS FLORES, DE FLORENCIA. F. BRUNELLESCHI. A LANTERNA
  • 41. CALES FORON AS CLAVES DO ESTILO “INNOVADOR” DE BRUNELLESCHI?
  • 42. CALES FORON AS CLAVES DO ESTILO “INNOVADOR” DE BRUNELLESCHI? O redescubrimento da proporción: O todo é a suma das partes ( Sección Áurea ou o Número de Ouro) As relacións harmónicas da medida da obra humana deberían ser ou reflectir a harmonía divina do universo A proporcionalidade matemática do conxunto arquitectónico (planta, alzado, columnas, capiteis, entablamentos e cornixas), converte os edificios do Renacemento en construcións racionalmente comprensibles , cuxa estrutura interna está caracterizada pola claridade
  • 43. O REDESCUBRIMENTO DA PROPORCIÓN A idea renacentista de beleza e perfección baséase nun racionalismo orientado matematicamente, de forma que a Teoría da Proporción intenta levar a un denominador común o canon de proporcións do corpo humano e as leis matemáticas das formas xeométricas básicas, como a circunferencia e o cadrado, e expresalas en regras de proporción de validez universal
  • 44. OS INTERIORES: O ESPAZO PERSPECTIVO A simetría e regularidade dos elementos construtivos e a unidade de conxunto , materialízanse nas liñas de perspectiva que guían a mirada do observador e outorgan ao espazo amplitude e profundidade OS SISTEMAS DE SOPORTES A columna fundamentalmente, tanto pola súa función construtiva ( sustentante ), como decorativa , ben illada, formando arquerías, ou combinada con piares
  • 45. OS SISTEMAS DE SOPORTES Emprégase o repertorio das cinco ordes clásicas A columna é esencial dado que o estudo das súas proporcións é un dos fundamentos do clasicismo, e serve como pauta para determinar toda a proporción do edificio O carácter rector da columna é o fundamento esencial da beleza arquitectónica na concepción renacentista. Utilizaranse todas as ordes romanas, dende o rústico ao composto, enriquecido co corintio , que é o máis utilizado Interior da Igrexa do Santo Espírito. Florencia, F. Brunelleschi.
  • 46. O arquitecto volve utilizar , de forma sistemática , o arco de medio punto Sostido por elegantes columnas de orde clásica e formando galerías ou loxias, a súa repetición rítmica contribúe a subliñar a claridade racional dos edificios renacentistas
  • 48. OS SISTEMAS DE CUBERTA : a cúpula a bóveda de ½ canón con casetóns a cuberta plana (artesoado) con casetóns
  • 49. A REVALORIZACIÓN DA CÚPULA Non obstante, o máis importante será a primacía que se lle concede á cúpula como forma ideal construtiva (derivada da admiración que sempre suscitou a cúpula do Panteón de Agripa, en Roma; así como a influencia da arquitectura bizantina que irradiaba San Marcos de Venecia) A cúpula elévase sobre pechinas e polo xeral con tambor , onde se abren xanelas , adoitando estar rematada con lanterna que lle proporciona luz cenital
  • 50. OS SISTEMAS DE CUBERTA Prodúcese unha profunda renovación , xa sexan de madeira ou de pedra Nas cubertas de madeira o tipo máis utilizado é o l artesoado : unha superficie plana que se divide en casetóns , que poden ser cuadrangulares ou poligonais, e en cuxo centro adoita situarse unha flor ou outro motivo decorativo, polo xeral dourado ou policromado Nas cubertas de pedra empréganse preferentemente as bóvedas de canón , as de aresta e as rebaixadas ou vaídas ; en todas elas é frecuente que o casquete da bóveda non fique liso, senón que se decore con casetóns , como na arquitectura romana. Igrexa de San Lourenzo de Florencia, F. Brunelleschi.
  • 51. Igrexa de San Sebastián , de Andrea Palladio. A cuberta da nave central é unha bóveda de canón con casetóns
  • 52. Valórase a superficie dos muros Exteriormente reálzanse as pedras de cantaría por medio do clásico almofadillado (mesmo se tallan coma puntas de diamante) Nos interiores anímase a propia superficie do muro a través de elementos harmonicamente equilibrados : cornixas, pilastras, columnas enmarcadas , etc.
  • 53. O APARELLO DO MURO NA ARQUITECTURA RENACENTISTA A regularidade e a orde xeométrica trasládase á superficie exterior do muro; o aparello de pedra de cantaría perfectamente labrada é a expresión racional da visión xeométrica do edificio
  • 54. A DECORACIÓN O repertorio decorativo inspírase en modelos da Antigüidade Decoración de tipo fantástico, onde o artista funde caprichosamente os diversos reinos da natureza creando seres monstrosos, en parte animais, en parte humanos,e en parte vexetais ou inanimadods, que reciben o nome de grotescos Cando esta decoración se ordena arredor dun vástago vertical, que lle serve de eixe, recibe o nome de candelabro . Os talos ondulantes ascendentes, polo xeral con roleos laterais, que adoitan usar nas pilastras, reciben o nome de subientes . Flores, froitos, trofeos e obxectos diversos pendentes de cintas, festóns, coroas e medallóns, son tamén elementos frecuentes na decoración renacentista
  • 56. LEÓN BAUTISTA ALBERTI (1406-1472) Sistematiza a linguaxe arquitectónica e contribúe á súa difusión. É o grande teórico da arquitectura renacentista . Os seus edificios denotan unha clara inclinación ao clasicismo, especialmente nas fachadas , onde as columnas, as arcadas, os capiteis e os frontóns con tímpano nos remiten directamente aos arcos de triunfo e aos templos grecorromanos Escribiu un tratado de arquitectura, De Re Aedificatoria , baseado no libro De Architectura, do escritor romano clásico Vitruvio
  • 57. CREADOR DO MODELO DE IGREXA RENACENTISTA Búscase un tipo de templo que aúne a utilización dos elementos clásicos e as necesidades derivadas do culto e da liturxia cristiá Era preciso compaxinar a grandiosidade dos edificios clásicos e o carácter aéreo da arquitectura gótica; pois se os primeiros impuñan solidez, os segundos distinguíanse pola luminosidade dos interiores Os arquitectos góticos buscaron e lograron desmaterializar o corpo do edificio, borrando os límites espaciais, o arquitecto renacentista inspirarase nas formas xeométricas básicas , que xa se atopaban nos edificios clásicos. O círculo e o cadrado , o cubo e a esfera, o cilindro, serán as formas máis adecuadas, grazas á súa perfecta regularidade e racionalidade. A dinámica lineal e ascendente do gótico será desprazada pola lóxica claridade do clasicismo San Andrés de Mantua, 1470. L. B. Alberti.
  • 58. San Andrés de Mantua, 1470. L.B. Alberti. O desexo de fundir ambos os dous modelos conduce ao prototipo ideado por Alberti en San Andrés de Mantua, de igrexa de planta basilical dunha nave con capelas laterais e cruceiro con cúpula, na que a gradación lumínica está perfectamente lograda ao se concentrar a luz no cruceiro e no presbiterio
  • 59. Interior de San Andrés de Mantua: Vista da nave e da cúpula do cruceiro
  • 60. A fachada está constituída polo grandioso arco de medio punto que cerra a portada, flanqueado por dúas pilastras corintias a cada lado A bóveda de canón que recobre este van está decorada con casetóns clásicos Fachada de San Adrés de Mantua: a “Orde Xigante”
  • 61. San Andrés de Mantua, 1470. L. B. Alberti.
  • 62. O concepto de pórtico monumental dos arcos de triunfo romanos inspirou a Alberti para deseñar a fachada desta igrexa, rematada por un frontón triangular en lugar do ático clásico
  • 63. la iglesia: la parte superior de la fachada fue diseñada por Alberti. Santa María Novella, Florencia. L. B. Alberti. Destacan as dúas S , volutas xigantes, que unifican os dous corpos da fachada
  • 64. Santa Mª Novella Florencia
  • 65. Leon Battista Alberti 1404-1472 Templo Malatestiano
  • 66. DESENVOLVEMENTO DA ARQUITECTURA CIVIL NO RENACIMIENTO Predominan dous tipos de construcións, ademais do gran desenvolvemento que terán os edificios públicos (casas de concello, lonxas, pontes , etc.): O Palacio A Vila, que terá un gran desenvolvemento durante o s. XVI Alberti contribúe a fixar o modelo de palacio urbano renacentista
  • 67. Os palacios renacentistas florentinos adoptan a forma cerrada dun bloque, con pisos ben diferenciados , xanelas repartidas regularmente e recintos de altura uniforme , sen ter en conta a distinta función das estancias A torre medieval desapareceu, pero aínda é recoñecible a tradición medieval dos palacios toscanos Palacio Médici Ricardi Realizado por Michelozzo cara ao 1444 en Florencia, convértese no exemplo dos palacios da cidade
  • 68. Segmento de fachada del Palacio Médici Ricardi Os vans da fachada adoitan estar enmarcados e decorados con elementos arquitectónicos de raíz clásica (pilastras, frontóns, etc.) que se repiten de forma rítmica
  • 69. Patio interior do palacio Médici Ricardi A estrutura do edificio está condicionada pola claridade racional; no interior agrúpanse as catro ás arredor dun patio interior arrodeado por logias (galerías abertas de arcos de medio punto sobre columnas que se repiten regularmente)
  • 70. TRAZOS DO PALACIO RENACENTISTA Palacio Rucellai, Florencia L.B. Alberti. 1446 Son edificios concibidos coma un “ bloque ” de forma cerrada, aínda que abertos á cidade e integrados no espazo urbano (módulo de proporcionalidade e perspectivas) Muros exteriores almofadillados con pedra de cantaría refundida nas arestas Superposición das diferentes ordes clásicas nos tres andares da fachada (como no Coliseo romano) Os diferentes andares están separados por medio de entablamentos Xanelas “albertinas ” (xanelas bíforas, rematadas en arco de medio punto, englobados nun maior en cuxo tímpano atopámos un óculo)
  • 71. Esquema compositivo da fachada do PALACIO RUCELLAI
  • 72.  
  • 73. PALACIO PITTI (FLORENCIA). O PRECEDENTE DE F. BRUNELLESCHI
  • 74. PALACIO STROZZI EN FLORENCIA. LEÓN BAUTISTA ALBERTI.