1. Actividades relacionadas
Inscríbete na nosa web:
www.coruna.es/bibliotecas
CHARLA de Lucía Castro: Os xeitos do común perante a
propiedade e a débeda.
Mércores, 19 de Outubro ás 19:00 h.
Acceso libre ata completar capacidade.
(Charla organizada e financiada pola Fundación Euseino?)
Propiedade e débeda son dous conceptos afianzados no imaxinario
colectivo que median dunha maneira determinante nas nosas
relacións co que nos rodea. É tal o poder que lles outorgamos para
facermos intelixible o mundo que dificilmente se abren fendas que
poñan en cuestión a súa hexemonía. Atendendo ás tentativas
filosóficas que veñen explorando esas fendas, trataremos de
visibilizar outros xeitos de relacionármonos que sobreviven ás
lóxicas dominantes. O común é o termo co que saen á luz esas
experiencias, vellas e novas, e a través do cal se pretende, desde
diferentes eidos da sociedade, ir construíndo unha alternativa vital.
OBRADOIRO: XOGANDO A PENSAR con arte, contos e xogos.
Facilitación do diálogo a cargo de Mar Santiago e Javier F. Rouco
->Dirixido nenos/as de 3 a 9 anos. Xoves 27 de Out. ás 18:30 h.
->Dirixido a nenos/as de 10-14 anos. Xoves 24 de Nov. ás 18:30 h
Inscrición previa unha semana antes de cada obradoiro.
Os xogos, os contos, a pintura,...pódennos axudar a mellorar as nosas
habilidades de pensamento: comparar, contrastar, observar
atentamente, formular hipóteses, crear e interpretar analoxías,
imaxinar,...
Empregando como ferramenta o diálogo e dende un platexamento
lúdico crearemos unha pequena comunidade de investigación
acolledora e respectuosa na que todas e todos xogaremos a pensar.
OBRADOIRO: Mitoloxía Futura de Xan Eguía.
Dirixido a público xuvenil de 14 a 18 anos.
Os Martes 8, 15 e 22 de Novembro ás 18:30 h.
Inscrición previa dende o 2 de novembro ás 10:00 h.
É Spider-man un ser mitolóxico? Hulk un novo Prometeo? Os
cómics e a ciencia-ficción teñen máis que ver coa mitoloxía e a
filosofía do que parece a simple vista. Descubrilo e cuestión de xogar
un pouco coas ideas. Esta é a proposta do obradoiro. Demostrar que
todos estes elementos, xuntos, teñen sentido e son apaixoantes.