1.Headu´ana (2300 a.C.)Grazas á súa condición de princesa puido dedicarse á astronomía como suma sacerdotisa da deusa Lúa, dirixindo unha extensa rede de templos que servían de observatorios. Resolvía ecuacións de grao 3
3.
2.Teano (VIa.C) Considérase que foi a esposa de Pitágoras e membro da escola Pitagórica. Escribiu tratados sobre os inconmensurables e estudos. No estudo das proporcións traballou co número áureo. Dirixiu a escola pitagórica
4.
3. Aglaonike (IIa.C.) As fontes que hai sobre Aglaonike non son fialbes. O máis probable é que, ao coñecer os ciclos, sabía cando ía ocorrer unha eclipse; e na Grecia da época non se concibía que unha muller puidese ter semellante coñecemento.
5. Lucrezia CornaroPiscopia (1646-1684) É a primeira muller que consegue un doutoramento. A expectación foi tal que no canto de ler a súa tese na universidade tivo que facelo na catedral para que coubesen todos os asistentes. Ensinou matemáticas na universidade de Padua.
7.
6. Émile deBreteuil (1706-1749) Muller ilustrada do seu tempo, estudou cos mellores matemáticos da época. Aprendeu latín e inglés para traducir os escritos de Newton. Grazas a ela as teorías newtonianas entraron no continente.
8.
7. Maria GaetanaAgnesi (1718-1799) Coñecida entre a comunidade matemática como a bruxa Agnesi debido a unha mala tradución dun estudo que fixo dunha curva. O seu libro Institucións analíticas foi considerado pola Academia das Ciencias de París como o mellor tratado de cálculo diferencial e integral desde L´Hôpital e Euler.
9.
8. Carolina Herschel (1750-1848) Educada para tarefas domésticas ata que o seu irmán William levouna a vivir con el a Inglaterra, onde desenvolveu o seu talento musical e científico. Colaborou co seu irmán no descubrimento de Urano. Foi membro honorario da Academia de Astronomía.
10.
9. Sophie Germain (1776-1831) Un magnífico exemplo de muller autodidacta. Para cartearse con matemáticos do renome de Gauss e Lagrange adoptou un nome masculino. Sen un ensino dirixido, conseguiu a medalla de ouro da Academia das Ciencias Muller das luces
11.
10. Mary Somerville (1780-1872) Os seus pais opúñanse a que estudase, porque pensaban que alteraría o natural crecemento feminino. Coa súa tradución do Tratado de Mecánica celeste de Laplace, introduce as teorías continentais en Inglaterra. Foi nomeada membro honorario da Academia de Astronomía.
12.
11. Ada Byron (1815-1852) Filla de Lord Byron. Foi educada na ciencia porque a súa nai quixo apartala da poesía. Como alumna de Mary Somerville descubriu as matemáticas. Foi a precursora do software coa súa participación nos papeis Menabrea. Hoxe en día hai unha linguaxe de programación que leva o seu nome: ADA
13.
12. Sofía Kovaleskaya (1850-1888) Tivo que casar para poder saír de Rusia a estudar . Os seus principais traballos foron sobre ecuacións diferenciais e sobre os aneis de Saturno. Loitou por dar clases pagadas, pero ao pouco de conseguilo morreu a consecuencia dunha gripe.
14.
13. Charlotte Scott (1858-1931) Foi a primeira matemática que ensinou na universidade feminina de Bryn Mawr en Estados Unidos. Esta facultade de Pensilvana foi a primeira que ofertaba ensino universitario gratuíta ás mulleres; deste xeito axudou a moitas mozas a acceder ao mundo Matemático
15.
14 Grace ChisholmYoung (1868-1944) Doctorouse en matemáticas en Göttingen baixo a dirección de Klein. Casa co seu antigo profesor Young. É ela a que lle anima a que, ademais de ao ensino, se dedíque á investigación. Traballan xuntos, pero só aparece o nome del en case todos os escritos..
16.
15. Mileva Maric (1875-1948) Hai disparidade de opinións sobre a súa achega durante o seu matrimonio con Einstein ás súas teorías. Coñecéronse no Politécnico de Zúric e parece que ela lle axudou nas materias de contido matemático.
17.
16. Emmy Noether (1882-1935) Muller científica e xudía na Alemaña previa ao goberno de Hitler. Mentres estivo en Europa non puido cobrar polas clases na universidade Tivo que emigrar a Estados Unidos coa chegada dos nazis.Foi pioneira na álxebra abstracta
18.
17. Sofía JanovskajaNeimark (1896-1966) Janovskaja traballou na filosofía e lóxica das matemáticas. O seu traballo en lóxica matemática tivo importancia no desenvolvemento da mesma na antiga Unión Soviética. Tamén publicou obras sobre historia das Matemáticas.
19.
18. Mary LucyCartwrig ht (1900-1998) Pódese dicir que cos seus estudos con Littlewood empeza a teoría do caos. Foi a primeira matemática que ingresou na Real En 1969 recibiu o título de Lady (equivalente ao de Lord).Sempre tivo un gran amor pola historia, o que se reflicte nas biografías de matemáticos que elaborou.
20.
19. Maria Goeppert-Mayer(1906-1972) María Goeppert é, con Marya Sklodowska (Curie), unha das dúas únicas mulleres que conseguiron o premio nóbel de física, e foi en 1963! Graduouse en 1930 utilizando o cálculo de probabilidades para analizar a órbita do electrón na súa tese.
21.
20. Olga Taussky-Todd (1906-1995) Como a súa amiga Emmy Noether tivo que marchar do seu país por mor da súa orixe xudía. Xunto co seu marido O seu traballo máis coñecido é en teoría matricial aínda que, como boa alumna de Gödel, tamén ten grandes publicacións en Teoría de números.
22.
21. Julia Robinson (1919-1985) Julia foi a primeira muller que entrou na Academia Nacional das Ciencias americana. Na súa obra Un método iterativo de resolución de xogos, demostra un teorema de converxencia que está considerado como o máis importante na teoría elemental de xogos.
23.
22. María Wonenburger (1927- ) Natural de Oleiros, na Coruña, estuda a secundaria nesta cidade e acada a licenciatura en Madrid, e doctórase en Yale (USA). Traballa en universidades canadienses e norteamericanas. É a creadora das álxebras de Kac-Moody que xogan un papel fundamental na física.
24.
22. María Wonenburger (1927- ) Cando estaba en plena actividade investigadora, no 1983, a profesora Wonenburger abandona a vida académica para coidar da súa nai en Oleiros, vila na que reside actualmente